Turismo e Accesibilidade: Información para todas as mentes e intelectos
Aínda que aproximadamente a cuarta parte da poboación da Unión Europea maior de 16 anos presenta algún tipo de discapacidade (101 millóns de persoas), de acordo con Eurostat (2022), estas persoas non sempre gozan das mesmas oportunidades para gozar do turismo, recibindo moitas veces un trato diferente. No noso país contamos con 705.400 persoas que presentan discapacidade intelectual ou mental, das cales o 7,28% atópanse en Galicia (INE, 2022). A discapacidade mental é unha condición que está relacionada de forma directa co comportamento da persoa, mentres que a discapacidade intelectual é unha condición relacionada cunha serie de limitacións nas habilidades que pode ter unha persoa á hora de aprender, comprender, comunicarse e funcionar fluidamente en actividades da súa vida cotiá (InSuit, 2021).
Sen dúbida, unha boa maneira de axudar ás persoas discapacitadas a animarse a emprender unha viaxe, é presentándolles maneiras sinxelas de consultar a información esencial en materia turística. Desta maneira, a presentación dunhas guías de lectura fácil (documentos máis doados de entender que os habituais) permite que todos por igual podamos acceder a información. Na actualidade, contamos con 85 guías gratuítas desta tipoloxía, desafortunadamente ningunha está dispoñible en territorio galego (Plena Inclusión, 2023). Outro elemento facilitador é a cobertura que os guías turísticos poidan ofrecer. Actualmente en relación á formación dos guías turísticos, o Instituto Europeo de Turismo Inclusivo está a ofertar un curso en liña para que se poidan especializar no trato das persoas discapacitadas (Instituto Europeo de Turismo Inclusivo, 2023).
Algunhas actividades do ámbito turístico dignas de por en valor, é a realización no ano 2021 dunha etapa do Camiño Inglés por un grupo de discapacitados intelectuais. Esta actividade contou co financiamento público a través do programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 2021, “O teu Xacobeo”. Ademais, é moi salientable mencionar que os guías encargados do percorrido (expertos na materia) adaptárona para a maior comprensión dos participantes cunha linguaxe sinxela e clara, mais, sen deixar de transmitir a riqueza do noso patrimonio e paisaxe (Down Galicia, 2021). Na liña do acontecemento anterior, está recollida a realización de aproximadamente 400 persoas con discapacidade intelectual dalgunha das etapas do Camiño Portugués. Mais, este percorrido semellou un Camiño Verde posto que este grupo, recollía residuos ao tempo que avanzaba no seu camiño, en total, máis de 120 quilogramos (Xornal 21, 2021).
Feafes Galicia (2014) apóiase nos viaxes do IMSERSO para promulgar as actividades turísticas entre as persoas com discapacidade. Este tipo de actividades, permite aos participantes cambiar a súa rutina, enriquécense culturalmente, fomenta a súa inclusión social na sociedade, posuindo uns altos beneficios terapéuticos e emocionais. Ademais, permite aos familiares e coidadores habituais descansar das súas tarefas (Feafes Galicia, 2012).
Por último pero non menos importante, cabe destacar que a habilitación e promoción do turismo accesible bríndalles as persoas discapacitadas a oportunidade de gozar de novas experiencias. Así mesmo, contribúe á creación dunha sociedade máis inclusiva para todos os usuarios.
Autora: Iria Cebreiros Trigo
Referencias Bibliográficas
ASPACE Galicia (2012). Pon rumbo al corazón: turismo rural en favor de la parálisis cerebral – Federación Aspace Galicia. ASPACE Galicia. https://aspacegalicia.org/noticia-12-11-12/
Confederación Autismo España (2023). Turismo y ocio inclusivo – Autismo España. Autismo España. https://autismo.org.es/que-hacemos/lineas-de-accion/calidad-de-vida/turismo-y-ocio-inclusivo/
Consejo de la Unión Europea (2023). Disability in the EU: facts and figures. Consejo de la Unión Europea. https://www.consilium.europa.eu/es/infographics/disability-eu-facts-figures/
Down Galicia (2021). Down Galicia realiza unha etapa do Camiño Inglés ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Down Galicia. https://downgalicia.org/2021/09/11/down-galicia-realiza-unha-etapa-do-camino-ingles-ao-abeiro-do-programa-o-teu-xacobeo-da-xunta-de-galicia/
Eurostat Statistics Explained (2023). Population with disability – Statistics Explained. https://ec.europa.eu/eurostat/statistics-explained/index.php?title=Population_with_disability
FEAFES Galicia (2012). Feafes Galicia viaja a Asturias. FEAFES Galicia. https://feafesgalicia.org/noticias/feafes-galicia-viaja-a-asturias/
FEAFES Galicia (2014). FEAFES Galicia viaja a las Palmas de Gran Canarias. FEAFES Galicia. https://feafesgalicia.org/noticias/feafes-galicia-viaja-a-las-palmas-de-gran-canarias/
FEAFES Galicia (2014). Los peregrinos de FEAFES Galicia fueron recibidos en el Pazo de Raxoi. FEAFES Galicia. https://feafesgalicia.org/noticias/los-peregrinos-de-feafes-galicia-fueron-recibidos-en-el-pazo-de-raxoi/
FEAFES Galicia (2015). Siete días en Ibiza. FEAFES Galicia. https://feafesgalicia.org/actividades-es/siete-dias-en-ibiza/
González Velasco, D. J. (Coord.), et al. (2008). El mercado potencial del turismo accesible para el sector turístico español. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. https://www.accesturismo.com/assets/img/publicaciones-02/Mercado_Potencial_Turismo_Accesible.pdf
Hostelco (2018). Los retos de la hotelería accesible universal | HOSTELCO. Hotelesco. https://www.hostelco.com/los-retos-de-la-hoteleria-accesible-universal/
Instituto Europeo de Turismo Inclusivo (2023). Atención a personas con discapacidad con guías turísticos. Instituto Europeo de Turismo Inclusivo. https://institutoeuropeodeturismoinclusivo.org/categoria-producto/atencion-personas-con-discapacidad/atencion-discapacidad-guias-turisticos/
Instituto Nacional de Estadística (2022). Población de 6 y más años con discapacidad según grupo de discapacidad por CCAA, sexo y edad. Instituto Nacional de Estadística https://www.ine.es/jaxiT3/Datos.htm?tpx=51385
InSuit (2021). Interfaz senior, para personas mayores. Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=1Z_C3tSb330
InSuit (2021). Navegación sencilla con botones para discapacidad intelectual. Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=0plBCFZWVmM
InSuit (2022). Tipos de discapacidad y soluciones de accesibilidad web para cada uno. InSuit. https://www.insuit.net/es/tipos-discapacidad-accesibilidad-web/
Plena Inclusión (2023). Mapa del turismo fácil en España. Plena Inclusión. https://www.plenainclusion.org/l/mapa-del-turismo-facil-en-espana/
Rodriguez H., W. R. (2013). File:Charity gifts for children with cancer, foundation Vanessa Isabel. Pediatric Specialty Hospital of Maracaibo 05.jpg – Wikimedia Commons. Wikipedia Commons. https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Charity_gifts_for_children_with_cancer,_foundation_Vanessa_Isabel._Pediatric_Specialty_Hospital_of_Maracaibo_05.jpg
Xacobeo 2021 Camino de Santiago (2021). O teu Xacobeo. Xunta de Galicia. https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/gl/programacion/o-teu-xacobeo
Xornal 21 (2021). Cerca de 400 personas con discapacidad intelectual participan el Camino de Santiago más inclusivo y sostenible. Xornal 21. https://xornal21.com/archive/41938/cerca-de-400-personas-con-discapacidad-intelectual-participan-el-camino-de-santiago-mas-inclusivo-y-sostenible
Fonte imaxe: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Charity_gifts_for_children_with_cancer,_foundation_Vanessa_Isabel._Pediatric_Specialty_Hospital_of_Maracaibo_05.jpg
No Comments
Sorry, the comment form is closed at this time.