Facilitando o Turismo Inclusivo: Guías turísticos, oficinas e servizos de información adaptados para persoas discapacitadas
Actualmente, a actividade turística non cesa o seu crecemento. Contrariamente, este aumento non sempre é paralelo a inclusión e a diversidade de tódalas persoas, posto que os turistas que máis sofren esta discriminación son as persoas discapacitadas. Deste xeito, os guías turísticos, as oficinas de turismo e os servizos de información adaptados adquiren gran relevancia para o acceso e participación destas persoas con discapacidade na industria turística.
En primeiro lugar, debemos destacar que segundo o INE (2022), entre os 4,3 millóns de persoas que presentan algún tipo de discapacidade, aproximadamente 300.000 persoas residen en Galicia (6,97%). Neste artigo, trataremos de dar resposta a situación actual de varios tipos de discapacidades: física, psíquica (intelectual e mental) e sensorial (comunicativa, visual e auditiva).
A Estratexia Española sobre Discapacidade 2022-2030 e a Lei 7/2011 do Turismo de Galicia. Ambos os documentos buscan promover o turismo inclusivo e accesible. A Estratexia Española destaca a meta de desenvolvemento do Sistema de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), cun enfoque público no turismo accesible. Ademais, proponse a creación de «oficinas de accesibilidade» para coordinar iniciativas a nivel administrativo (Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, 2022). No ámbito galego, a Lei 7/2011 garante a adaptación de instalacións turísticas para persoas con discapacidade.
Centrándonos xa no eido da información turística para persoas con discapacidade sintetízase a continuación aqueles elemtnos mais relevantes:
- A páxina de Turismo de Galicia recolle a existencia de 164 restaurantes accesibles e 185 aloxamentos accesibles (dos cales posuímos 29 e 26, respectivamente na provincia de Ourense), segundo Turismo de Galicia (2023). Cada un destes lugares posúe unha ficha de información que recolle as súas características de accesibilidade específicas (Xunta de Galicia, 2023).
- A promoción do Turismo Accesible no noso país baséase en guías de viaxe para persoas con discapacidade, xa que as oficinas de turismo carecen de información específica ou posúen un carácter obsoleto e ambiguo (salvo que proveñan de organizacións para discapacitados). Este feito, limita significativamente a elección de España como destino accesible (AcessTurismo, 2008).
- Destacar a Guía de Boas Prácticas de Accesibilidade de Galicia para o sector turístico, deseñada como unha ferramenta de consulta rápida para profesionais, incluídos os guías turísticos. Tamén debemos mencionar a Guía do Camiño de Santiago Accesible, que inclúe etapas adaptadas para cadeiras de rodas (Xunta de Galicia, 2023).
- En relación ao turismo de actividade física, resáltase a aplicación Blind Explorer, deseñada para persoas con discapacidade auditiva, física, intelectual ou visual, ofrecendo un buscador de rutas, un compás accesible e a identificación de puntos de interese a través dun mapa interactivo de 223 repartidas por todo o territorio español.
Sen dúbida, a integración social das persoas discapacitadas na actividade turística española é unha maneira de solucionar os problemas de estacionalidade que presentan algunhas zonas do noso país. Mais sexa como for, é necesario continuar mellorando os servizos e produtos turísticos posto que son unha excepcional oportunidade para lograr tantos beneficios económicos como sociais.
Autora: Iria Cebreiros Trigo
Referencias Bibliográficas
BOE (2011). Ley 7/2011, de 27 de octubre, del Turismo de Galicia. https://www.boe.es/boe/dias/2011/12/03/pdfs/BOE-A-2011-19058.pdf
Camino de Santiago Fundación Once (2023). Tecnologías Accesibles. https://caminodesantiago.fundaciononce.es/es/tecnologia-accesible
Domínguez, T., Fraiz, J. & Alén, E. (2011). Turismo y Accesibilidad. Una visión global sobre la situación de España. Cuadernos de Turismo, 28, 23-45. https://revistas.um.es/turismo/article/view/147151/131211
González Velasco, D. J. (Coord.), et al. (2008). El mercado potencial del turismo accesible para el sector turístico español. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. https://www.accesturismo.com/assets/img/publicaciones-02/Mercado_Potencial_Turismo_Accesible.pdf
Instituto Nacional de Estadística (2022). Encuesta de Discapacidad, Autonomía personal y Situaciones de dependencia 2020 (EDAD 2020) Metodología. Instituto Nacional de Estadística. https://www.ine.es/metodologia/t15/meto_edad_2020.pdf
Instituto Nacional de Estadística (2022). Población de 6 y más años con discapacidad según grupo de discapacidad por CCAA, sexo y edad. Instituto Nacional de Estadística https://www.ine.es/jaxiT3/Datos.htm?tpx=51385#!tabs-grafico
InSuit (2022). Tipos de discapacidad y soluciones de accesibilidad web para cada uno. InSuit. https://www.insuit.net/es/tipos-discapacidad-accesibilidad-web/
Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 (2022). Estrategia Española sobre Discapacidad 2022-2030. https://www.mdsocialesa2030.gob.es/derechos-sociales/discapacidad/docs/estrategia-espanola-discapacidad-2022-2030-def.pdf
Predif Galicia. (s.d.). Turismo accesible. Predif Galicia. https://www.predifgalicia.org/es/programas-proyectos-es/turismo-accesible-es
Rawpixel (s.d.). Imaxe de dominio público. Rawpixel. https://www.rawpixel.com/image/5921266/photo-image-public-domain-water-free
Xunta de Galicia. (2023). Turismo accesible en Galicia. Turismo de Galicia. https://www.turismo.gal/planifica-a-tua-viaxe/informacion-practica/turismo-accesible?langId=es_ES
Fonte imaxe: https://www.rawpixel.com/image/5921266/photo-image-public-domain-water-free
No Comments
Sorry, the comment form is closed at this time.