Top
E eu, podo ir? – EMITUR
6602
post-template-default,single,single-post,postid-6602,single-format-standard,mkd-core-1.0,mkd-smooth-scroll,mkd-smooth-page-transitions,mkd-ajax,mkd-grid-1300,mkd-blog-installed,mkd-header-standard,mkd-no-behavior,mkd-default-mobile-header,mkd-sticky-up-mobile-header,mkd-dropdown-slide-from-bottom,mkd-dark-header,mkd-full-width-wide-menu,mkd-header-standard-in-grid-shadow-disable,mkd-fullscreen-search,mkd-search-fade,mkd-side-area-uncovered-from-content,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.7,vc_responsive

Blog

E eu, podo ir?

Milleiros de persoas vense privadas de acceder e gozar das instalacións públicas destinadas á cultura e ao turismo, xa que padecen algunha discapacidade que lles impide desfrutar dos recursos turísticos públicos ou moverse neles.

Imaxinémonos por un momento que, por primeira vez, chega á túa cidade a exposición de arte do teu pintor favorito. Agardas con moita ansia o día do estreo e achégaste ás portas do museo cando te decatas de que non podes acceder con facilidade, que o persoal do museo recoméndache que volvas a casa, o motivo, a instalación non está adaptada para recibir a todos os públicos, entre eles as persoas con discapacidade física.

Infelizmente, en moitos lugares, isto e a realidade diaria. Conforme ao artigo 16 da LEI 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia, os edificios públicos serán adaptados para garantir o acceso de todas as persoas, independentemente da súa condición, pois resulta fundamental que o dereito universal á cultura e á cidadanía sexa respectado polas administracións públicas. Xeralmente, na maior parte dos casos son pequenas adaptacións como a instalación dunha rampla para axudar ao acceso, a creación de máis prazas de aparcamento habilitadas ou paneis informativos que teñan información en braille. O papel que as novas tecnoloxías poden desenvolver é chave xa que son ferramentas que axudan a reducir as dificultades de interacción.

Asemade, esta situación está moi presente nas nosas cidades é a falta de inclusión social das persoas con diversidade funcional é unha realidade presente. Seguindo co exemplo comentado anteriormente, conseguimos acceder ao museo, pero ao chegar á exposición non hai un espazo sensorial no que poidamos interactuar coa obra, o que dificulta a comprensión e fai que a experiencia sexa negativa ou ben non hai ninguén que nos poida axudar a localizar nosos acentos e acompañarnos na exposición.

Ademais, a formación do persoal público dedicado ao turismo é primordial para que os profesionais saiban identificar os diferentes tipos de discapacidades e como ofrecer axuda de maneira respectuosa e afectiva, pois estes sempre deben ser lugares nos que os cidadáns, independentemente da súa condición, se sintan iguais. Para isto, un espazo accesible é un beneficio para todos, porque ademais de ofrecer unha experiencia pracenteira, pode axudar a outros colectivos da nosa poboación, como as persoas maiores, persoas con mobilidade reducida ou os pais que leven carros de bebé.

Autor: Gabriel Folgoso Capelo

 

Referencias Bibliográficas

LEI 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia

Freepic.es: Véxase no enlace https://www.freepik.es/foto-gratis/hombre-discapacitado-tiro-completo-playa_11401578.htm#query=discapacidad&position=28&from_view=keyword&track=sph&uuid=22c77abf-ac18-4a3c-8844-42bea6fb212b

Fonte da imaxe: Freepic.es

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies Pinche el enlace para mayor información.
Ver política de privicidad.

ACEPTAR
Aviso de cookies